jueves, 23 de diciembre de 2010

Cerro os ollos...
e escríbote.
Intento buscar a  imaxe que me alonxe da irrealidade.
Só vexo oscuridade, cústame adentrarme.
Non percibo nada só un sentimento de necesidade.
Algo me chama...
algo me fala.
A miña mente descansa e os meus pensamentos se estancan.
Mais sigo inqueda buscando a paciencia.
Ofrézoche o momento que levo adentro para que sexas ti o dono dos meus pensamentos.
Pra que poidas ser quén de organizalos e estabilizalos e chegar  a un fin no que poder levalos.
Algo me inquieta e
a paciencia non o chea.
Unha luz aparece na oscuridade, non sei que é mais parece agradable.
Sigo queda non quero présas, estáncome ante a súa presenza.
Observoa con humildade.
Deixoa que crezca e sexa ela quen reina
Pero é tarde  abro os ollos e esperto á irrealidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario